
Creando unha Situación colectiva a través da serigrafía, Womarts, Auditorio de Galicia
El Programa formativo para 30 mulleres artistas Womarts Training, nace da man do Auditorio de Galicia e do Limerick Institute of Technology de Irlanda, partners no proxecto europeo Wom@rts, financiado polo Programa Europa Creativa da Unión Europea, e coa mediación das queridas 7 H Cooperativa Cultural.
E a nosa primeira experiencia en docencia virtual, traballamos unha sesión presencial na sala Mozart e o pechamos vía Zoom desde o taller, debido ás restricións pola Covid. O resultado, serán 2 pezas gráficas que estamparemos con participantes interesads, se as condicións de hixiene e seguridade o permiten.
Vimos unha introdución á técnica serigráfica e coñecimos o movemento Situacionista, os seus referentes Debord e Vaneigem (entre outros) e analizamos a gráfica e os modos asamblearios daquel estado de mobilización xeral producido na primavera de 1968 en París, coa irrupción plena das mozas e mozos, artistas e non, como axentes políticos activos na vida da sociedade.
O grupo reflexionou creativamente sobre os feitos do pasado desde o presente, para recrear unha nova gráfica, en clave feminina. Logo do traballo de bocetos, votáronse 2 propostas que serán estampadas artesanalmente por Teófila e as participantes invitadas, e entregadas ás asistentes como diploma do curso e peche do programa.
Actualizaremos!
- referencias
- referencias
- situación
- situación
- situación
- situación
- situación
- situación
- situación
- situación
- situación
- situación
- maría_boceto
- situación
- situación
- 2ª sesión, taller dp
- bocetos, votación