entradas

intensivo serigrafía & bordado con Io Morales | 6 abril

Da man de Io e Teo, aprende paso a paso o proceso destas dúas téc­nicas artesanais, estampando e bordando un deseño orixinal, nunha bolsa de algodón orgánico.

1 sábado: 6 de abril  |  8 horas | de 10 a 14 e de 16 a 20 hs | 110 €

Este curso intensivo de iniciación á serigrafía téxtil e ao bordado non precisa de coñecementos previos e está dividido en dúas partes:

 

Na primeira mostrarémoste todo o proceso da serigrafía, dende a realización do fotolito autógrafo, ata o emulsionado, insolado e revelado da pantalla por donde pasará a tinta. Coñecerás as tintas á auga (non tóxicas) e estamparás o deseño na bolsa.

Na segunda, co deseño xa impreso, aprenderás que materiais usar para bordar, e como calcar o debuxo no tecido. Traballarás con bastidor e explorarás diferentes puntos cos que conseguir texturas e efectos variados, nun deseño floral.

Materiais incluídos no curso: bolsa algodón orgánico 140 grs, teas de proba, tintas e  bastidor, agullas, fíos, papel de calco, lapis, tesoiras…

Contidos Serigrafía

1ª hora Introdución: que é a serigrafía? que se pode crear con esta técnica? sobre que materiais podemos plasmar os nosos deseños? papel, cartolinas, teas de algodón…

2ª a 4ª hora: como empezar? como se obtén una pantalla por onde pasará a tinta dos debuxos ou composicións?

  • Orixinal: que é un fotolito? como se fai? coñecer diferentes modos de concibir un orixinal. fotolitos autógrafos sobre filme ou poliéster: debuxar con rotuladores fotográficos, acrílicos e/ou tinta chinesa, pintar, pegar, calcar, recortar cartolinas e/ou vinilos autoadhesivos. optimizar arquivos dixitais.
  • Pantallas: cal elixir? en que se diferencian? base e montaxe. teas, cantidade de fíos e aplicacións.
  • Clisado e revelado da matriz. fundamentos, material e equipamento básico, cuarto escuro. emulsións fotosensibles.
  • Impresión e secado: como se estampa? estamparía téxtil, uso de tintas con base acuosa, non tóxicas. Secado, suavizado e fixado da cor. Problemas habituais das tiraxes, marxinación e topes para a localización (rexistro).
  • Recuperación da pantalla (borrado).

 Contidos Bordado

45 min.  aprox.

  • Presentación dos materiais máis comúns en bordado, que preciso para bordar? e preparación do material antes de bordar: bastidor, agulla, fío, papel de calco, lapis e tesoiras.
  • teoría sobre os puntos cos que imos traballar: punto festón, cadea e rosa.
  • proceso de bordado, como sobrevivir se nos surxe unha complicación?

3 horas. aprox.

  • Práctica: bordando na bolsa.

15 min.  aprox.

  • Coidados post-bordado. Consellos sobre lavado e coidado das prendas bordadas.

 

Se non coñeces a Io aquí podes  ver o seu traballo: http://www.ioslowtextile.com/

www.facebook.com/iodefioapavio/