cursos, do paraná portátil, entradas, eventos

Mostra pública das estampas na Aula 2.2 da Normal UDC

O martes 20 de novembro,  as participantes do Obradoiro Iniciación á Serigrafía creativa expuxeron os seus traballos.  Estampamos en vivo o recoñecido decálogo de Corita Kent e John Cage, cunha versión das regras ao galego, feita especialmente para nos pola poeta Olalla Cociña.

Invitamos ao público a estampar, e ata as-os peques compartiron connosco a ledicia da creación e uns exóticos pinchitos.